Gadna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gadna (en hebreo: גדנ"ע) é un programa militar Israelí que prepara a mocidade para o servizo militar obrigatorio nas Forzas de Defensa Israelís ou a Policía Fronteiriza. Os soldados da brigada de infantería de Nahal imparten un programa dunha semana de disciplina e adestramento militar, os anfitrións de gazna estímanse nuns 19 000 mozos israelís anuais, así como numerosos mozos estranxeiros.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Gadna, unha abreviación de Gdudei No'ar (en hebreo: גדודי נוער), foi creada antes da Declaración de independencia israelí.[2] Os adestrados servían orixinariamente como combatentes para todos os servizos e propósitos, participando activamente na Guerra arábigo-israelí, particularmente no fronte de Xerusalén.

Insignia[editar | editar a fonte]

Os comandantes, sarxentos e oficiais levan unha "bereta" verde da brigada de infantería de Nahal, pero non teñen a placa de infantería na súa "bereta" ou o o galón de Nahal no ombreiro, senón a placa e galón dos Corpos xuvenís e de educación.

Controversia[editar | editar a fonte]

O programa de Gadna foi criticado como "sobre militarístico" por certos educadores e profesores en Israel,[1], pero os corpos de Educación e Xuventude prepararon un programa que podería verse máis militarístico e con valores combatentes inseridos nas clases levadas a cabo no programa, aínda que se pon menos énfase no aspecto físico do programa.

Notas[editar | editar a fonte]