Gabriel García Márquez

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaGabriel García Márquez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gabriel José de la Concordia García Márquez Editar o valor em Wikidata
6 de marzo de 1927 Editar o valor em Wikidata
Aracataca, Colombia Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 2014 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Linfoma e pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Relixiónsen valor Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional de Colombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela, Escrita creativa e profesional, Prosa, conto, xornalismo de opinión e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnovelista , poeta avogado , autobiógrafo , guionista , prosista , editor , dramaturgo , escritor , escritor de contos , xornalista , xornalista de opinión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor em Wikidata - 2009 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
MovementoRealismo máxico Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMercedes Barcha (en) Traducir (1958–2014) Editar o valor em Wikidata
FillosRodrigo García (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
abril de 2014Sickness, death, and funeral of Gabriel García Márquez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0305781 Allocine: 37988 Allmovie: p101365 IBDB: 11092
Facebook: GabrielGarciaMarquezAuthor Dialnet: 273309 Musicbrainz: 5ced2364-f997-4a17-a21e-03d1c9277823 Discogs: 1636807 WikiTree: García_Márquez-2 Find a Grave: 207447472 Editar o valor em Wikidata

Gabriel José de la Concordia García Márquez, máis coñecido como Gabriel García Márquez (Es-Gabriel Garcia Marquez.ogg pronunciación ), ( escoitar), nado en Aracataca o 6 de marzo de 1927[1] e finado en Cidade de México o 17 de abril de 2014,[2] foi un escritor, xornalista, editor e activista político colombiano. Estudou dereito e xornalismo na Universidade Nacional de Colombia e iniciou as súas colaboracións xornalísticas no diario El Espectador. Foi coñecido como Gabo, ou Gabito, polos seus familiares e amigos (hipocorístico guajiro para Gabriel), desde que o seu compañeiro do diario bogotano El Espectador, José Salgar, comezase a chamalo así..[3][4] Recoñecido polas súas novelas e contos, tamén escribiu narrativa de non ficción, discursos, reportaxes, críticas cinematográficas e memorias. É considerado un dos autores máis significativos do século XX, especialmente en lingua española. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1982, segundo a laudatoria da Academia Sueca polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real son combinados nun tranquilo mundo de imaxinación rica, reflectindo a vida e os conflitos dun continente[5].

Xunto a Julio Cortázar, Mario Vargas Llosa e Carlos Fuentes, foi un dos expoñentes centrais do boom latinoamericano. Tamén está considerado un dos principais autores do realismo máxico, e a súa obra máis coñecida, a novela Cien años de soledad, é considerada unha das máis representativas desa corrente literaria, e mesmo se considera que ao éxito da novela débese que o termo se aplique á literatura xurdida a partir de 1960 en Latinoamérica.[6][7]

Ademais do seu talento literario, na obra de García Márquez aparecen reflectidas as súas ideas políticas[8]. Un exemplo da súa participación política é a súa amizade co líder cubano Fidel Castro[9] .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Fillo de Gabriel Eligio García e Luisa Santiaga Márquez Iguarán, naceu en Aracataca, departamento do Magdalena, Colombia, «o domingo 6 de marzo de 1927 as nove da mañá...», como refire o escritor nas súas memorias.[10] Probablemente tiña ascendencia galega por parte da súa avoa materna, á que chamaba "a miña avoa galega".[11][12] Cando os seus pais se namoraron, o pai de Luisa, o coronel Nicolás Ricardo Márquez Mejía, opúxose a esa relación, pois Gabriel Eligio, telegrafista, non era o home que consideraba máis axeitado para a súa filla, por ser fillo de nai solteira, pertencer ao Partido Conservador Colombiano e ser un mullereiro confeso.[10]

Coa intención de separalos, Luisa foi enviada fóra da cidade, pero Gabriel Eligio cortexouna con serenatas de violín, poemas de amor, innumerables cartas e frecuentes mensaxes telegráficas. Ao fin, a familia capitulou e Luisa conseguiu o permiso para casar, o cal sucedeu o 11 de xuño de 1927 en Santa Marta. A historia e traxicomedia dese cortexo inspiraría máis tarde ao seu fillo a novela El amor en los tiempos del cólera.[10]

Ao momento do bautizo quíxose bautizar como Gabriel José da Concordia, debido a que se resolveu o conflito entre o seu pai e o seu avó, con todo, como o mostra o facsímile da partida de bautizo no libro «García Márquez, el viaje a la semilla» de Dasso Saldivar, primeira biografía autorizada por Gabo, segundo esta partida de bautismo, o nome correcto é Gabriel José García Márquez.

Pouco despois do nacemento de Gabriel o seu pai converteuse en farmacéutico, e en xaneiro de 1928 mudouse con Luisa a Barranquilla, deixando a Gabriel en Aracataca ao coidado dos seus avós maternos. Dado que viviu con eles durante os primeiros anos, recibiu forte influencia do seu avó, o coronel Nicolás Márquez, quen de mozo matou a Medardo Pacheco nun duelo e tivo, ademais dos tres fillos oficiais, outro nove con distintas nais. O coronel era un liberal veterano da guerra dos Mil Días, moi respectado polos seus copartidarios, coñecido pola súa negativa a calar sobre a masacre das bananeiras, suceso no que morreron centos de persoas a mans das Forzas Armadas de Colombia durante unha folga dos traballadores das bananeiras, feito que García Márquez plasmaría na súa obra.[10]

O coronel, a quen Gabriel chamaba Papalelo, describiuno como o seu «cordón umbilical coa historia e a realidade», foi tamén un excelente narrador, ensinoulle a consultar o dicionario, levábao ao circo cada ano e foi o primeiro en introducir ao seu neto no «milagre» do xeo, que se atopaba na tenda da United Fruit Company.[10]Con frecuencia dicía: «Ti non sabes o que pesa un morto», referíndose así a que non había maior carga que a de matar a un home, lección que García Márquez máis tarde incorporaría nas súas novelas.[10][13][14]

A súa avoa, Tranquilina Iguarán Cotes, era de orixe galega, así o manifestou Gabo en diferentes ocasións,[15] a quen chama a avoa Mina e describe como «unha muller imaxinativa e supersticiosa e partidaria das crenzas populares»[13] que enchía a casa con historias de pantasmas, premonicións, agoiros e signos, foille de tanta influencia como o seu marido e mesmo é sinalada polo escritor como a súa primeira e principal inspiradora literaria, pois lle inculcou a orixinal forma en que ela trataba o extraordinario como algo natural cando contaba historias, sen importar cuán fantásticos ou improbables fosen os seus relatos, sempre os refería coma se fosen verdade irrefutable. O escritor manifestou nunha entrevista de 1983 ao diario español El País:[16]

Xurdiu o meu interese de descifrar a súa ascendencia, e buscando a súa atopei a miña nos verdes frenéticos de maio até o mar e as choivas feraces e os ventos eternos dos campos de Galicia. Só entón entendín de onde sacara a avoa aquela credulidade que lle permitía vivir nun mundo sobrenatural onde todo era posible, onde as explicacións racionais carecían por completo de validez.

Ademais do estilo, a avoa Mina lle inspirou tamén a personaxe de Úrsula Iguarán que, tres décadas máis tarde, o seu neto usaría en Cien años de soledad, a súa novela máis popular.[10][17]

O seu avó morreu en 1936, cando Gabriel tiña oito anos, e debido á cegueira da súa avoa foi vivir cos seus pais a Sincelejo, no departamento de Sucre, onde o seu pai traballaba como farmacéutico.

Gabriel foi o maior de once irmáns de pai e nai: Luis Enrique, Margarita, Aida, Gustavo, Ligia, Rita, Jaime, Hernando (Nanchi), Alfredo Ricardo (Cuqui) e Eligio (Yiyo). O seu medio irmáns por parte de pai foron Carmen Rosa, Abelardo, Germaine Hanai (Emi) e Antonio María Claret (Toño).[18]

Segundo o seu fillo Rodrigo, Gabriel perdera a visión do centro do seu ollo esquerdo desde a súa infancia, cando mirou directo a unha eclipse.[19]

A súa infancia está relatada nas súas memorias Vivir para contarla.[10][20] Despois de vinte e catro anos de ausencia, en 2007, regresou a Aracataca para unha homenaxe que lle rendeu o Goberno colombiano ao cumprir os seus oitenta anos de vida e o corenta desde a primeira publicación de Cien años de soledad.

Educación[editar | editar a fonte]

Pouco despois de chegar a Sucre, decidiuse que Gabriel debía empezar a súa educación formal e foi mandado a un internado en Barranquilla, un porto na boca do río Magdalena, onde comezou a escribir poemas humorísticos e a debuxar tiras cómicas. Alí adquiriu reputación de mozo tímido que escribía poemas humorísticos e debuxaba tiras cómicas. Serio e pouco dado ás actividades atléticas, foi alcumado El viejo polos seus compañeiros de clase.[14]

García Márquez cursou os primeiros graos de secundaria no colexio xesuíta San José (hoxe Instituto San José) desde 1940, onde publicou os seus primeiros poemas na revista escolar Juventud. Grazas a unha bolsa outorgada polo Goberno, Gabriel foi enviado a estudar a Bogotá de onde o recolocaron no Liceo Nacional de Zipaquirá, a unha hora da capital, onde culminará os seus estudos secundarios.

Durante o seu paso pola casa de estudos bogotana, destacou en varios deportes, chegou a ser capitán do equipo do Liceo Nacional de Zipaquirá en tres disciplinas, fútbol, béisbol e atletismo.

Despois da súa gradación en 1947, García Márquez permaneceu en Bogotá para estudar Dereito na Universidade Nacional de Colombia, onde tivo especial dedicación á lectura. A metamorfose de Franz Kafka «na falsa tradución de Jorge Luis Borges»[21] foi unha obra que o inspirou de modo especial. Estaba emocionado coa idea de escribir, non literatura tradicional, senón nun estilo similar ás historias da súa avoa, nas que se «inseren acontecementos extraordinarios e anomalías coma se fosen simplemente un aspecto da vida cotiá». O seu desexo de ser escritor crecía. Pouco despois, publicou o seu primeiro conto, La tercera resignación, que apareceu o 13 de setembro de 1947 na edición do diario El Espectador.

Despois do «Bogotazo» do 9 de abril de 1948, disturbios tralo magnicidio do líder popular Jorge Eliécer Gaitán, a universidade pechou indefinidamente e a súa pensión foi incendiada. García Márquez mudouse á Universidade de Cartagena e empezou a traballar como correspondente de El Universal. En 1950 abandona Dereito e céntrase no Xornalismo, regresando a Barranquilla para traballar en El Heraldo. Aínda que García Márquez nunca terminou os seus estudos superiores, foi nomeado doctor honoris causa por algunhas universidades.

Gabriel García Márquez en 2009.

Familia[editar | editar a fonte]

García Márquez casou en 1958 con Mercedes Barcha, á que coñecía desde os 13 anos. En 1961 tiveron o seu primeiro fillo, Rodrigo. En 1961 instalouse en Nova York como correspondente de Prensa Latina. Tras recibir ameazas e críticas da CIA e do exiliado cubano, que non compartían o contido das súas reportaxes, decidiu trasladarse a México. Posteriormente establecéronse en Cidade de México. Tres anos despois, naceu o seu segundo fillo, Gonzalo.

Fama[editar | editar a fonte]

Cien años de soledad foi publicada en xuño de 1967, e n primeira semana vendeu 8.000 exemplares, medio millón de copias en tres anos. Foi traducida a máis de vinte e catro idiomas e gañou catro premios internacionais. En 1969 gañou o Chianchiano Aprecia en Italia e foi designado «Mellor Libro Estranxeiro» en Francia. En 1970 foi publicado en inglés e foi escollido un dos mellores doce libros do ano nos Estados Unidos. Dous anos despois concedéuselle o Premio Rómulo Gallegos e o Premio Neustadt, e en 1971 Mario Vargas Llosa publicou un libro acerca da súa vida e obra.

En 1971 marchou coa súa familia a Barcelona, logo de problemas co réxime trala publicación de Relato de un náufrago. Por mor das súas ideas sobre o Imperialismo dos EUA, foi etiquetado como subversivo e durante varios anos negóuselle o visado, até a chegada de Bill Clinton á Casa Branca, proclamando o presidente que Cien años de soledad era a súa novela favorita.

En 1981, ano en que lle foi concedida a medalla de honra da Lexión francesa, regresou a Colombia dunha visita con Castro, e foi acusado polo goberno conservador de financiar o grupo liberal de guerrilleiros M-19. Pediu refuxio político e foi recibido en México.

Entre 1986 e 1988 Márquez viviu en Cidade de México, A Habana e Cartaxena de Indias. Escribiu a súa primeira obra de teatro, Diatriba de amor contra un hombre sentado, e en 1988 estreouse o filme Un señor muy viejo con unas alas enormes, dirixido por Fernando Birri.

En 1996 García Márquez publicou Noticias de un secuestro, combinando a orientación testemuñal do xornalismo co seu propio estilo narrativo. Esta historia representa a onda inmensa de violencia e secuestros que Colombia continuaba a sufrir.

En 2002 completou Vivir para contarla, as súas memorias.

Estilo[editar | editar a fonte]

Se ben hai aspectos comúns na obra de García Márquez, como o humor, non hai un estilo claro e predeterminado. Deixa fóra detalles e eventos aparentemente importantes, de xeito que o lector adopta un rol máis participativo na historia.

Temas[editar | editar a fonte]

Hai varios temas recursivos, como a soidade, relacionándoa con América Latina. A aldea de Macondo aparece reflectida como un lugar imaxinario e máxico. O concepto de Macondo transcendeu a obra literaria, estando a súa existencia condicionada á presenza da palabra escrita. A violencia aparece en varias das súas obras, situacións inxustas da desintegración social.

Na súa obra tamén se busca captar a identidade cultural latinoamericana e particularizar os trazos do mundo caribeño, deconstruíndo as normas sociais establecidas nesa rexión.

Influencias literarias[editar | editar a fonte]

Na súa mocidade García Márquez relacionouse cun círculo literario, o grupo de Barranquilla, cos que comezoua ler entre outros a Hemingway, Joyce e Faulkner. Tamén acudiu aos clásicos, encontrando enorme inspiración en Edipo Rei de Sófocles.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La hojarasca (1955).
  • Relato de un náufrago (1955).
  • El coronel no tiene quien le escriba (1961).
  • Los funerales de la Mamá Grande (1962).
  • La mala hora (1962).
  • Cien años de soledad (1967).
  • Monólogo de Isabel viendo llover en Macondo (1968).
  • Relato de un naúfrago (1970).
  • La increíble y triste historia de la cándida Eréndira y de su abuela desalmada (1972).
  • Cuando era feliz e indocumentado (1973).
  • Ojos de perro azul (1974).
  • El otoño del patriarca (1975).
  • Todos los cuentos (1947-1972) (1976).
  • Crónica de una muerte anunciada (1981). Traducida ao galego en 2022[22]
  • Textos costeños (1981).
  • Viva Sandino (1982).
  • El olor de la guayaba (1982).
  • El secuestro (1982).
  • El amor en los tiempos del cólera (1985).
  • El general en su laberinto (1989).
  • Doce cuentos peregrinos (1992).
  • Del amor y otros demonios (1994).
  • Noticia de un secuestro (1996).
  • Obra periodística 1: Textos costeños (1948-1952).
  • Obra periodística 2: Entre cachacos (1954-1955).
  • Obra periodística 3: De Europa y América (1955-1960).
  • Obra periodística 4: Por la libre (1974-1995).
  • Obra periodística 5: Notas de prensa (1980-1984).
  • Erendira.
  • Chile, el golpe y los gringos.
  • Vivir para contarla (2002).
  • Memoria de mis putas tristes (2004).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En varias edicións das súas obras e ata en biografías dáse 1928 como ano de nacemento de García Márquez; el mesmo situouno nesa data ás veces. No entanto, estudosos do autor e o seu propio pai, Gabriel Eligio García, afirman que foi 1927, punto que queda confirmado nas súas memorias, Vivir para contarla. Véxase Ploetz, Dagmar (2004). EDAF, ed. Gabriel García Márquez (en castelán). p. 13. ISBN 9788441414488. 
    e tamén Flores, Ángel (1982). Siglo XXI, ed. Narrativa hispanoamericana 1816-1981: historia y antología. La generación de 1940-1969, Volumen 4 (en castelán). p. 429. ISBN 9789682310898. 
  2. "Muere Gabriel García Márquez: genio de la literatura universal". El País. 17 de abril de 2014. 
  3. "Gabriel García Márquez: adiós al hombre que solo quería ser amado por sus amigos". BBC News Mundo (en castelán). 2012-07-06. Consultado o 8 de abril do 2024. 
  4. Restrepo, Mónica Quintero. "García Márquez escribió desde que era Gabito". www.vanguardia.com (en castelán). Consultado o 8 de abril do 2024. 
  5. Premios Nobel 1982 (en inglés).
  6. Inga AXMANN: «El realismo mágico en la literatura latinoamericana: con el ejemplo de “Cien años de soledad” de Gabriel García Márquez», en Akademische Schriftenreihe. GRIN Verlag, 2009. ISBN 3-640-39315-5, 9783640393152
  7. Menton, Seymour. Historia Verdadera Del Realismo Mágico. Colección Tierra firme. Editor Fondo de Cultura Económica, 1998. ISBN 9681654110, 9789681654115
  8. Estrada Villa, A.: El poder político en la novelística de García Márquez. Medellín: Universidad Pontificia Bolivariana, 2006. ISBN 978-958-696-473-6 (en castelán).
  9. Esteban, Ángel, e Panichelli, Stephani: Gaby y Fidel: El Paisaje de Una Amistad. Editorial Espasa-Calpe, Madrid, 2003. ISBN 84-670-1263-3 (en castelán).
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 10,7 Gabriel GARCÍA MÁRQUEZ: Vivir para contarla. Bogotá: Norma (primeira edición), 2002; ISBN 978-958-04-7016-8.
  11. De Blas, Ceferino (19 de xullo de 2013). "La abuela gallega de Gabo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  12. García Márquez, Gabriel (11 de maio de 1983). "Viendo llover en Galicia". El País (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  13. 13,0 13,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome PlinioAM
  14. 14,0 14,1 Gerald MARTIN: Gabriel García Márquez: una vida. Nueva York: Knopf Doubleday Publishing Group, 2009; ISBN 0-307-47228-0, 9780307472281.
  15. "García Márquez. Un Gallego de Origen". Galicia Única. Revista Digital Independiente. Consultado o 12 de abril do 2024. 
  16. Malvar, Aníbal (11/08/2018). "La huella gallega del realismo mágico de García Márquez". Diario Público. Consultado o 12 de abril do 2024. 
  17. Gene H. BELLE-VILLADA: García Márquez: the man and his work. Chapel Hill: University of North Carolina Press, 1990.
  18. "Margarita era la hermana preferida de Gabo: familiares del Premio Nobel de Literatura". RCN Radio (en castelán). 2021-06-18. Consultado o 17 de abril do 2024. 
  19. Aýen, Xavi (14-05-2021). "Así fueron los últimos días de vida de García Márquez". =La Vanguardia. España. 
  20. Educación, Bogotá (Colombia) Alcaldía Mayor Secretaría de. "El 9 de abril : vivir para contarla". =www.bibliotecadigitaldebogota.gov.co (en castelán). Consultado o 17 de abril do 2024. 
  21. Cfr: Pestaña Castro, Cristina. "¿Quién tradujo por primera vez la metamorfosis de Kafka al castellano?". http://www.ucm.es/info/especulo/numero11/verwandl.html
  22. Rey, María; Liñares Giraut, X. Amancio. "Crónica dunha morte anunciada". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-10-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Elias Canetti
Premio Nobel de Literatura

1982
Sucesor:
William Golding