Gabriel G. Esteves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gabriel G. Esteves
Nacemento9 de abril de 1980
 París
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e filólogo
XénerosNovela, relato, poesía
EstudosFiloloxía Galega
Na rede
AELG: 296
editar datos en Wikidata ]

Gabriel Gómez Estévez (Gabriel G. Esteves), nado en París o 9 de abril de 1980, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes, naceu en París pero pasou a súa infancia e adolescencia en Vigo. En 1998 trasladouse a Santiago de Compostela para cursar a carreira de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente segue a vivir na mesma cidade.

Ten traballado como profesor, asesor lingüístico, corrector, tradutor, monitor cultural e camareiro.

Escritor en lingua galega, leva escribindo desde cativo. Na carreira dá algún recital de poesía, colabora coa revista A Caramuxa, voceiro do grupo literario Colectivo Sacou, e gaña o seu primeiro premio no campo da narrativa, grazas a unha serie de relatos reunidos baixo o título O amor a través dos tempos. Unha vez acabada a carreira, en 2005 gaña o premio Na Vangarda, que promociona a novos creadores (actual Xuventude Crea) co relato Moçalomihi, onde traslada o conflito árabe-israelí a un mundo alternativo. En 2018 ve publicada a súa primeira obra, Matrioskas, unha novela coral coa cidade de Santiago de Compostela como pano de fondo. En 2020 gaña o premio Selic coa súa obra Baleiro, novela futurista distópica ambientada tamén na capital de Galiza. En 2021 leva o segundo premio do Manuel Murguia grazas ao relato A caverna de Lara, onde se contan os efectos da pandemia de COVID-19 nunha adolescente. Nese mesmo ano, queda finalista nos premios Bellvei Negre e Sed de Mal con outra novela distópica, esta volta de xénero negro, titulada Os fillos de Crono. A finais de 2021 sae publicada en castelán.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Matrioskas[1], Ed. Do Peirao, 2018.
  • Baleiro[2], Ed. Positivas/Concello de Santiago de Compostela, 2021.
  • Los hijos de Crono[3], Ed. Atlantis, 2021.

Obra colectiva[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Primeiro premio do certame literario Voces da Terra en 2000, convocado polos CAF de Filoloxía da USC, por O amor a través dos tempos.
  • Primeiro premio do certame Na vangarda no 2005, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia, na categoría de relato longo, co relato Moçalomihi.
  • Premio Selic de novela en 2020, organizado polo Concello de Santiago de Compostela, coa obra Baleiro.
  • Segundo premio do certame Manuel Murguia de narracións breves en 2021, organizado polo Concello de Arteixo, co relato A caverna de Lara.
  • Finalista no premio Bellvei Negre de novela en 2021, promovido desde o Concello de Bellvei e organizado pola emisora Bellvei Radio, coa novela Los hijos de Crono.
  • Finalista no premio Sed de Mal de novela en 2021, convocado polo Festival Octubre Negro en Madrid, Ediciones Atlantis e o Colectivo de Escritores Lee o Muere, coa novela Los hijos de Crono.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estéves, Gabriel G. (2018). Matrioskas. Santiago de Compostela: Do Peirao. ISBN 978-84-17393-22-9. OCLC 1077555990. 
  2. "Baleiro". 
  3. "Los hijos de Crono". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]