Gabriel Elorriaga Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gabriel Elorriaga Fernández
Nome completoGabriel Elorriaga Fernández
Nacemento1930
Lugar de nacementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosBeatriz Elorriaga Pisarik e Gabriel Elorriaga Pisarik
Na rede
Dialnet: 196025
editar datos en Wikidata ]

Gabriel Elorriaga Fernández, nado en Ferrol o 4 de febreiro de 1930, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tivo cargos de responsabilidade no Sindicato Español de Estudiantes. Licenciado en dereito e xornalismo, foi colaborador de Manuel Fraga. Fundou a revista Familia Española, foi gobernador civil de Santa Cruz de Tenerife (1969-1971). Membro de Reforma Democrática, foi un dos membros fundadores de Alianza Popular pola que foi deputado pola Provincia de Castelló (1982-1995) e senador pola mesma (1996-2004). É pai do tamén político Gabriel Elorriaga Pisarik.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]