Gabriel Cichero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gabriel Cichero

Gabriel Cichero Konarek, nado en Caracas o 25 de abril 1984, é un futbolista venezolano. Xoga de defensa e o seu club actual é o Newell's Old Boys.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu irmán maior, Alejandro, xoga de defensa no Shandong Luneng da Super Liga chinesa.

Cichero comezou a súa carreira profesional na Primeira División uruguaia no Montevideo Wanderers, xogando 35 partidos e metendo 1 gol. En xaneiro de 2006 foi cedido ó U. S. Lecce da Serie A Italiana para o resto da tempada. O xogador regresou a Uruguai, e en 2007 foi trasladado ó Vihren Sandanski, no campionato búlgaro. Trala súa estancia en Bulgaria Cichero regresou ó seu país natal, Venezuela, e asinou co Deportivo Italia.

Cichero foi prestado a Red Bull Nova York da Major League Soccer o 11 de xullo de 2008. O préstamo finaliza en decembro de 2008, cunha opción a ser prorrogado en 2009.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]