Gabián grego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gabián grego
Accipiter brevipes.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Accipiter
Nome científico
Accipiter brevipes
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O Gabián grego (Accipiter brevipes) é unha ave de rapina migratoria da familia Accipitridae.

Índice

[editar] Descrición

Son relativamente pequenos, cunha lonxitude de entre 30 e 37 cm. e unha envergadura de alas que vai dos 63 ós 76 cm. As femias son meirandes cá os machos, sen chegar, porén, a diferencias tan marcadas coma no gabián común (Accipiter nisus). Teñen as alas amplas e a cola longa, adaptadas para manobrar entre as árbores. O corpo máis delgado, a cola algo máis curta e as alas máis aguzadas có gabián común dánlle un certo aspecto de falcón.

Os machos adultos son grises azulados pola parte superior, coas puntas das alas escuras e a parte inferior case branca. As femias son grises pizarra por riba, cun barrado castaño avermellado na parte inferior do corpo e as veces cunha liña negra curta na gorxa, que está sempre presente nas aves novas, que son castañas escuras por riba con manchas escuras na parte inferior.

[editar] Distribución e hábitat

Son aves migratorias que crían en diversas rexións do sueste de Europa, dende Grecia e os Balcáns, ata o sur da Federación Rusa. Máis dos exemplares reprodúcense nunha faixa que vai dende o norte do mar Negro ata ó mar Caspio.

Emigran en bandos grandes, que parten en setembro para pasa-lo inverno ó sur de Sudán, en Níxer, o Chad, Etiopía e polo leste ata o sudoeste de Irán.

O seu hábitat de cría principal son zonas de bosque caducifolio, con preferencia polas situadas en terreos con outeiros e de orografía variable en xeral.

[editar] Alimentación

Aliméntanse xeralmente de pequenos mamíferos, lagartos e insectos, ás veces tamén de paxaros.

[editar] Conduta

Aliméntanse de mamíferos pequenos, insectos, lagartos e paxaros que capturan aparecendo por sorpresa despois de despegaren do punto no que están pousados.

Maduran sexualmente xa ó ano. Constrúen os seus niños en árbores a miúdo moi altas. Fan un niño novo cada ano. En xeral poñen de 3 a 5 ovos entre maio e finais de xuño.

[editar] Nomes vulgares noutras linguas

  • Alemán: Kurzfangsperber.
  • Catalán:
  • Español: Gavilán griego.
  • Euskara:
  • Francés: Épervier à pieds courts.
  • Inglés: Levant Sparrowhawk.
  • Italiano: Sparviere levantino.
  • Polaco: Krogulec krótkonogi.
  • Portugues: Gavião-de-pé-curto.
  • Sueco: Balkanhök.

[editar] Literatura

  • Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1
  • Theodor Mebs; Greifvögel Europas - Biologie - Bestandsverhältnisse - Bestandsgefährdung Franckh-Kosmos Verlag Stuttgart 2002, ISBN 3-440-06838-2

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Base de datos da IUCN que inclue xustificación sobre a clasificación da especie como "Non ameazada" (Inglés)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas