Gabeador común
| Gabeador común | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Certhia brachydactyla | ||||||||||||
O gabeador común (Certhia brachydactyla) é un paxaro da familia dos gabeadores (Certhiidae). É unha ave sedentaria que vive no centro e sur de Europa e no norte de África.
Índice |
[editar] Descrición
Son de aspecto moi semellante ó seu parente próximo o gabeador norteño (Certhia familiaris), do que é moi difícil de diferenciar. Teñen unha lonxitude duns 12 cm e pesan uns 11 gramos. Teñen o bico afiado e curvado cara a abaixo. A plumaxe é branca pola parte inferior do corpo, da cor parda da casca das árbores por riba. Teñen unha lista ocular branca. O aspecto de machos e femias é semellante. A cola é relativamente longa e sérvelles de temón cando voan, ademais de axudarlles a manterse no aire.
[editar] Hábitat
A diferencia do gabeador setentrional prefire os bosques de folla caduca, parques e xardíns con árbores froiteiras. A súa distribución xeográfica abrangue o sur e centro de Europa, Asia Menor e o norte de África.
[editar] Alimentación
Agatuñan polos troncos de abaixo a arriba en bruscas espirais, procurando co bico insectos e arañas entre a casca das árbores.
[editar] Reprodución
A madureza sexual chégalles ó ano de idade. O período de cría vai de marzo a xullo. O seu niño está feito de ramalliñas secas, brión, pallas plumas e pelos de mamífero. Constrúenos en fendas das árbores, ou entre cachos separados da casca, algunhas veces en paredes ou pilas de madeira, e non son doados de atopar. A construción do niño e a incubación son tarefa exclusiva da femia, que pon de 5 a 7 ovos e pasa unhas dúas semanas chocándoos. Os polos están en condicións de empezaren a voar cando teñen catorce ou quince días. Adoitan facer dúas postas ó ano.
[editar] Nomes vulgares
En galego tamén recibe os nomes de agatuñador[1], gateador[2], rubideiro[3] e rubidor[4].
- Alemán: Gartenbaumläufer
- Catalán: Raspinell
- Danés: Korttået træløber
- Español: Agateador común.
- Francés: Grimpereau des jardins
- Inglés: Short-toed Treecreeper
- Neerlandés: Boomkruiper]
- Polaco: Pełzacz ogrodowy
- Sueco: Trädgårdsträdkrypare
[editar] Notas
- ↑ Dicionario normativo galego-castelán. Galaxia
- ↑ Dicionario normativo galego-castelán. Galaxia
- ↑ Dicionario normativo galego-castelán. Galaxia
- ↑ Dicionario do Cumio
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Fotos e informacións (Alemán)
