Grupo de Usuarios de Linux de Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «GULO»)
Grupo de Usuarios de Linux de Ourense
Tipogrupo de usuarios de Linux
SedeOurense
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Grupo de Usuarios de Linux de Ourense (GULO) é unha asociación constituída en 1999 por parte de usuarios de Linux de Ourense. Ten a súa sede oficial no Local de Asociacións do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Constituíuse como asociación universitaria, a partir dun grupo de alumnos interesados en Linux, a maioría dos cales estudaban, neses intres, titulacións de informática ou física. Esta asociación tivo, especialmente nos seus inicios, un gran soporte da Facultade de Ciencias e da Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo (Campus de Ourense).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]