GOCE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GOCE
Tipo Científico
Organización ESA
Data de lanzamento 17 de marzo de 2009, 14:21 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Rokot KM[2][5]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Plesetsk, rampa 133/3[2][6]
Obxectivo da misión Medición do gradente de gravedade terrestre.[2][6]
NSSDC ID 2009-013A
Masa 1050 kg[5][2][6]
Dimensións 5 m de longo por 1 m de ancho[2]
Potencia 1,4 kW[2]
Semieixo maior 6615 km[1]
Inclinación 96,6 graos[1]
Apoapse 249,7 km[1]
Periapse 239,7 km[1]

GOCE (acrónimo de Gravity field and steady-state Ocean Circulation Explorer) é un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 17 de marzo de 2009 mediante un foguete Rokot KM desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de GOCE é medir o campo gravitatorio da Terra para crear mapas de moi alta resolución do xeoide para estudar as correntes oceánicas e os cambios de nivel do mar e das terras.[2]

GOCE mide 5 metros de longo por 1 metro de ancho. Leva paneis solares fixos que producen ata 1,4 kW de potencia. As medicións da gravedade fainas mediante seis acelerómetros de alta sensibilidade e colocados ó longo dos tres eixos da nave. Para facer as medicións o satélite debe orbitar á menor altura posible, a menos de 300 km, pero as órbitas baixas teñen o problema de que a atmosfera a esas alturas, a pesar de ser extremadamente tenue, exerce un leve rozamento continuo que interfire nas medicións e produce un decaemento que faría reentrar ao satélite na atmosfera inferior, coa destrucción consecuente. Para solucionar este problema, GOCE ten forma aerodinámica, en frecha, e ademais leva a bordo un motor iónico para compensar o rozamento.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "GOCE" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=34602. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 "GOCE" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2009-013A. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  3. "Letter dated 5 March 2010 from Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (10-54673): 6. 22 de xuño de 2010. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=3180. 
  4. "GOCE" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-2009.html#GOCE. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "GOCE" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/goce.htm. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "GOCE" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/goce.htm. Consultado o 24 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]