GNU Compiler Collection

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo do GNU Compiler Collection.

O GNU Compiler Collection (máis coñecido como GCC) é un conxunto de compiladores de linguaxes de programación producidos polo Proxecto GNU. É software libre distribuído pola Fundación polo Software Libre (FSF) baixo as licenzas GNU/GPL e GNU/LGPL, e é un compoñente esencial do desenvolvemento GNU. É o compilador estándar dos sistemas operativos tipo Unix, e de certos sistemas operativos propietarios tales coma o MacOS X.

Orixinalmente foi nomeado coma o GNU/C Compiler, porque soamente manexaba a linguaxe de programación C, máis tarde o GCC foi ampliado para compilar C++, Java, Fortran, Ada e outros.