Gemini Agena Target Vehicle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «GATV 9»)
O GATV da misión Gemini 8.

O Gemini Agena Target Vehicle (abreviadamente, GATV) foi un modelo de foguete Agena usado durante o programa Gemini como vehículo obxectivo para as cápsulas tripuladas do programa para facer prácticas de cita espacial e atraque.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Detalle do porto de atraque do GATV 12, desde a Gemini 12.

Os GATV consistían en etapas Agena D modificadas coa adición dun colar de atraque, un panel visualizador e capacidade de reencendido do seu motor Bell 8247. Os GATV chegaban a órbita con suficiente reserva de propelente como para propulsar ó conxunto GATV-Gemini a órbitas altas, ata a beira dos cintos de radiación.[1][2]

Os GATV estaban divididos en tres seccións:

  • A sección auxiliar, con espazo para equipos auxiliares e no que estaba situado o porto de atraque, situado baixo a cofia (durante o lanzamento).
  • A sección Agena D media, cos equipos principais e os tanques de propelente.
  • A sección posterior, co motor principal Bell 8247 capaz de varias ignicións e os motores auxiliares de manobra, máis pequenos, Bell 8250.[1][2]

O panel visualizador (ASP, Gemini-ATV Status Panel) estaba situado sobre o porto de atraque do GATV, onde era visible para os astronautas desde a cápsula Gemini durante e despois do atraque. O panel era capaz de mostrar información sobre o estado e seguridade dos diversos sistemas do GATV: guiado, propulsión, enerxía, atraque... O panel estaba formado por nove luces e tres diais analóxicos e os circuítos asociados a cada sistema.[1][2]

En total lanzáronse seis GATV, dous deles fallados.[1][2]

Parámetros dos GATV[editar | editar a fonte]

  • Masa cheos: 3260 kg
  • Altura: 7,93 m
  • Diámetro: 1,52 m

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Nave[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Misións Gemini asociadas[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
GATV 6 25 de outubro de 1965 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 6 Fallo Explosión da segunda etapa ós 6 minutos do lanzamento.
GATV 8 16 de marzo de 1966 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 8, Gemini 10 Éxito
GATV 9 17 de maio de 1966 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 9 Fallo Fallo do sistema de control da última etapa.
GATV 10 18 de xullo de 1966 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 10 Éxito
GATV 11 12 de setembro de 1966 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 11 Éxito
GATV 12 11 de novembro de 1966 Rampla LC-14 de Cabo Cañaveral Gemini 12 Éxito Último lanzamento dun GATV.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GATV 6, 8, 9, 10, 11, 12" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 3 de marzo de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Mark Wade (2011). "GATV" (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]