Günther (cantante)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guntheratucsb.jpg

Mats Söderlund, coñecido polo seudónimo de Günther, nado en Malmö en 1969, é un cantante e ex-modelo sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mats Söderlund exerceu de modelo até que deixou as pasarelas para dedicarse a rexentar varios clubs na súa cidade natal de Malmö. En 2004 comezou na industria discográfica co seudónimo de Günther. O personaxe de Günther é un pastiche saído da década de 1980, cun pequeno mostacho, grandes lentes de sol e peinado mullet. O seu estilo musical caracterízase por unha parodia dos estilos europop e eurodance, cunha voz moi grave e un forte acento alemán. Söderlund adoita cantar coas Sunshine Girls, se ben tamén colaborou con artistas como Samantha Fox.

En 2004 Warner Bros. publicou o disco Pleasureman, con temas como "Ding Dong Song", "Tutti Frutti summer love" ou o dueto con Samantha Fox "Touch me".

Na actualidade prepara o seu segundo disco, Dirty Man Swedish Sex Beast, estando xa dispoñible na rede o seu primeiro sinxelo, "Pussycat".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]