Göran Therborn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Göran Therborn nado o 23 de setembro de 1941 en Kalmar Suecia é un sociólogo marxista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na Universidade de Lund (Suecia), é profesor da Universidade de Cambridge, ten publicado varias obras sobre a dominación dunha clase sobre outra a través das estruturas estatais, así como diversos artigos na New Left Review.

Pensamento[editar | editar a fonte]

O Estado expresa un determinado conxunto de relacións de clase tanto na súa organización administrativa como na súa forma de representación gobernamental. O Estado manifesta as relacións sociais e contribúe a súa reprodución. A mecánica da reprodución está constituída por mecanismos económicos, políticos e ideolóxicos, como poden ser a coacción económica, a violencia e a excomunión ideolóxica. Existen ademais nesa dirección formatos de representación como as institucións e os partidos e procesos de mediación que non se reducen á represión e entre os que cabe mencionar a cooptación, a través da lexitimación ideolóxica ou a configuración de obxectivos atractivos como o pleno emprego e o desenvolvemento económico.

Therborn afástase de Lenin pois non comparte que o Estado socialista sexa a sociedade comunista sen clases. Na sociedade socialista o proletariado segue subordinado aos coñecementos burocráticos e tecnolóxicos que son necesarios para a defensa contra o inimigo burgués do interior e do exterior. Isto esixe unha organización de cadros no Estado e na economía que pode chegar a bloquear o advenimento do comunismo e da igualdade e a democracia reais. Así reprodúcese a distinción entre cadros e traballadores, entre vangarda e masas. Esta é a causa do avellentamento dos países socialistas que están avocados ao desxeo ou ao estoupido. De todos maneiras, para Therborn a superación do capitalismo era irreversible.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The Ideology of Power e the Power of Ideology
  • From Marxim to Postmarxim
  • What does the ruling class do when it rules
  • The Killing Fields of Inequality (2013)