Gándara, Zas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gándara
Igrexa de Santa María de Gándara.
ConcelloZas[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°08′02″N 8°52′49″O / 43.13397222, -8.88038889Coordenadas: 43°08′02″N 8°52′49″O / 43.13397222, -8.88038889
Poboación349 hab. (2019)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 365 habitantes, sendo 182 homes e 183 mulleres.

Historia[editar | editar a fonte]

Megalitismo[editar | editar a fonte]

Hai entre 5000 e 7000 anos atopáronse mámoas coma a Mámoa do Cedreiro ou a Mámoa da Mina, entre outras 30 ou 40 mámoas da parroquia. Ten tantas ó atoparse na comarca de Soneira, abundante en mámoas. A mámoa do Cedreiro é inaccesible debido á maleza. A mámoa da Mina, de tipo portela, por onde pasaba un camiño real.

Castros[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia atopáronse dous castros:

  • Castro de Bico de Cruz ou das Cortellas: Chámanlle `das Cortellas´ porque a xente víalle as casiñas do castro. Curiosamente as casiñas estaban fóra da fortaleza debido ó vento. Só ían á fortaleza cando asaltaban ó castro.
  • Castro de Vilaestévez: No límite con Carreira.

Idade Antiga[editar | editar a fonte]

Nunha leira atopáronse restos dunha vila romana chamados Xacemento romano de Agra de Cruz . Agora están enterrados debaixo dun camiño de terra. Atopáronse moitas tégulas dos séculos II dc e III dc e un anel de pasta vítrea e cerámica `terra sigillata´ de arxila palestina elaborada en Marsella, Francia.

Idade Media[editar | editar a fonte]

No cruceiro do Sisto atopáronse estraños símbolos xudaicos no varal que non foron descifrados. En Vilar Ramilo atopáronse restos de cerámica da Baixa Idade Media.

Idade Moderna[editar | editar a fonte]

Atopáronse nunha leira unhas torres chamadas Torres de Surribado, das que non se conserva nada. Eran de fácil defensa. No século XV pasaron ós Moscoso, por mor dunhas débedas impagadas a estes polos seus propietarios. Unha lenda di que antes de acostarse miraban para a Torre da Penela e para o Pazo de Romelle. Non moi lonxe quedan os restos dunha mámoa, non moi lonxe da que se atopou unha machada do Neolítico.

Natureza[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Gándara[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Gándara no concello de Zas (A Coruña)

Budián | Gándara | Parga | Quintáns | O Sisto | Sobreira | Vilaestévez | Vilar Ramilo

Parroquias de Zas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.