Furafollas pequeno
| Furafollas pequeno | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||
| Sorex minutus Linnaeus, 1766 |
|||||||||||||||||||||
|
Distribución Sorex minutus
|
|||||||||||||||||||||
O furafollas pequeno (Sorex minutus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae amplamente distribuída por Europa, estando presente dende Irlanda e a Península Ibérica ata Rusia. A súa pelaxe é de cor marrón escura no lombo, que pasa gradualmente a marrón claro na zona ventral. A lonxitude de testa e corpo é duns seis centímetros, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede os seis gramos. Ten as puntas dos dentes de cor vermella.
(Vexa o mapa de distribución en Galicia abaixo do modelo)
Índice |
[editar] Hábitat e distribución
Habita en zonas de vexetación eurosiberiana, principalmente carballeiras, faiais, e as matogueiras de sustitución destes, aínda que tamén se localiza en carrasqueiras, penedías e matogueiras de alta montaña. Está ausente en zonas con precipitacións por baixo dos 700 mm. Altitudinalmente atópase entre os 400 e os 2.000 metros.
[editar] Situación
Non parece atoparse ameazada, pero convén ter en conta o reducido da súa área de distribución e o illamento xeográfico dalgunhas poboacións.
[editar] Notas
- Delibes de Castro, Juan Carlos Velasco Marcos, Miguel Lizana Avia, Jacinto Román Sancho, Jesús Fernández Gutiérrez, Carlos Sánchez Alonso (2005), Guía de los peces, anfibios, reptiles y mamíferos de Castilla y León.