Furacán Hortensia de 1984

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do furacán Hortensia dende satélite, no centro do Océano Atlántico.

Hortensia foi o nome co que se designou unha tormenta tropical orixinada por mor dunha tormenta subtropical ao sueste das Bermudas, formada o 23 de setembro de 1984.

Traxectoria e características[editar | editar a fonte]

Despois de ter acadado o grao de tormenta tropical, apenas pasaron unhas xornadas até que chegou a se converter nun furacán de categoría 1, é dicir, con ventos de máis de 118 km/h. O 30 de setembro o centro da tormenta tropical pasou preto das Bermudas e seguiu o seu camiño cara ao leste, cruzando o Atlántico.

O 2 de outubro, e xa preto da costa europea, o furacán perdeu intensidade e converteuse de novo nunha tormenta tropical. O Centro Nacional de Furacáns dos EUA abandonou ese día o seu seguimento, dándoo por finalizado sen ter provocado danos nin vítimas[1], mais ese mesmo día combinouse cunha baixa extratropical e chegou á costa galega reforzado con ventos de máis de 150 km/h.

O 4 de outubro, xa en terras galegas, adquiriu a súa máxima intensidade, provocando ao seu paso 2 mortos (6 en total dentro e fóra de Galiza) e perdas materiais por máis de 60 millóns de euros da época (uns 170 millóns de euros de 2009).

A forza do Hortensia deixouse sentir no norte da Península Ibérica e mesmo en Francia[2].

Notas[editar | editar a fonte]