Full Metal Panic!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Full Metal Panic! (Katakana: フルメタルパニック!, con frecuencia abreviado en FMP!) é un anime, manga e unha serie de novelas lixeiras.

Mestura a serie de acción de mechas de argumento serio co humor. O humor vén dado por Sousuke Sagara, un militar sen sentido común para vivir como un civil que se mete nun instituto de secundaria como protector de Chidori Kaname dando situación a moitas escenas divertidas.

As novelas escribiunas Shouji Gatou e ilustrounas Shikidouji, saíron publicadas en 月刊ドラゴンマガジン (Dragon Magazine) desde 1998. A serie manga foi ilustrada por Retsu Tateo para a revista ニュータイプ (Newtype) e máis tarde publicouse en oito volumes. A serie anime emitiuse en 2002.