Fukd ID 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fukd ID #3
EP de Interpol
Data de edición: 11 de decembro do 2000
Lanzamento:
Datas de gravación: 1998 - 1999
Estudio(s) de gravación:
Duración: 17:52
Xénero musical: post-punk revival
Selo discográfico: Chemikal Underground
Producido por: Interpol
Cronoloxía
- Fukd ID #3 Precipitate EP

Fukd ID #3 é o EP de estrea da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, editado o 11 de decembro do 2000 polo selo Chemikal Underground. Trátase dunha rareza e dun obxecto moi buscado polos seareiros, xa que orixinalmente só se lanzaron 1.000 copias e está descatalogado. No EP inclúense algunhas das primeiras gravacións da banda, feitas todas elas nun gravador de 8 pistas. "PDA", "Roland" e "5" graváronse no ano 1998, mentres que "Precipitate" o ano seguinte.

O tema "5" foi titulado orixinalmente "Get the Girls", e foi editado con anterioridade nunha cinta demo da banda, xunto con "PDA" e "Roland".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "PDA" – 4:45
  2. "Precipitate" – 5:36
  3. "Roland" – 3:45
  4. "5" – 3:47