Fuet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fuets

O fuet, tamén coñecido como espetec, tastet, petador ou secallona, é un embutido típico de Cataluña. É unha longaínza fina, longa e recta. Está feito con febra de porco, touciño picado e adobado con pementa negra e sal, e embutido en tripas de porco. É habitual que durante o seu proceso de reposo se formen na súa capa externas unhas manchas brancas.

Actualmente, o centro xeográfico da creación de fuet é a comarca de Osona, onde se utiliza o porco de Vic como base, aínda que se fai en toda Cataluña. Tamén ten moita fama o fuet de Olot.