Fuerzas Armadas Peronistas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Fuerzas Armadas Peronistas (FAP) foi unha organización guerrilleira arxentina creada en 1968 baixo o liderado de Envar El Kadri (Cacho). A súa aparición produciuse cunha fracasada acción armada realizada en Taco Ralo, Tucumán. Un dos seus actos máis sonados foi o asasinato de Dirk Kloosterman, secretario xeral do Sindicato de Trabajadores Mecánicos (SMATA-CGT). As FAP deixaron de existir de feito en 1980 coa morte da maioría dos seus dirixentes.

Historia[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista realizada en 1996 o líder das FAP, Envar El Kadri, explicaba deste xeito a orixe da organización, nunha experiencia de guerrilla rural en Taco Ralo, Tucumán:

Nos organizamos, un grupo iba a preparar un campamento en la zona de Tucumán, previamente se instalaban en un lugar para aclimatarse y para prepararse físicamente, una vez que estuviera completado el adiestramiento, la capacitación y la preparación física pensábamos dirigirnos a la zona de El Cochuna, en los montes tucumanos, para iniciar esta presencia guerrillera y simultáneamente con eso en las ciudades iban a aparecer los destacamentos, que se iban a llamar Destacamentos Descamisados Eva Perón, para hacer acciones espectaculares, propaganda armada y con todo eso pensábamos que íbamos a movilizar y arrastrar a todo el peronismo y a toda la gente, lo cual de alguna manera fue así aunque no bajo nuestra dirección, sino que se dio en una forma más espontánea, más generalizada, con la aparición de otras organizaciones peronistas y no peronistas. [1]

En 1968 as FAP instalaron un campamento integrado por 14 guerrilleiros (13 homes e unha muller) denominado "El Plumerillo", na localidade de Taco Ralo, provincia de Tucumán, co fin de realizar adestramento militar. O 19 de setembro o grupo foi sorprendido pola Policía de Tucumán que detivo á totalidade dos seus integrantes.

As FAP reapareceron en 1969 e 1970 con varias accións de guerrilla urbana.

No ano 1971 as FAP sufriron unha división debido á cal foron expulsados os integrantes dun amplo sector liderado por Eduardo Moreno, Ernesto Villanueva, o sacerdote Soler e Alejandro Peyrou. Este sector integrouse entón a Montoneros.

O 22 de maio de 1973 as FAP asasinaron ao dirixente sindical Dirk Kloosterman secretario xeral do Sindicato de Trabajadores Mecánicos (SMATA-CGT).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]