Fuentealbilla
| Fuentealbilla | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | |
| Provincia: | |
| Mancomunidade: | La Manchuela |
| Xeografía | |
| Altitude: | 660 msnm |
| Superficie: | 108,29 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 2.071 hab. (2009) |
| Densidade de poboación: | 19,12 hab./km² |
| Xentilicio: | Fuentealbillense ou Fuentealbillano/a |
| Información | |
| Código postal: | 02260 |
| Alcalde: | Ángel Salmerón Garrido (PP) |
| Sitio na web: | www.menaka.net |
Fuentealbilla é un concello da provincia de Albacete, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Atópase ao nordeste da provincia e a 43 km da capital, Albacete. En 2009 contaba con 2.071 habitantes, segundo datos do INE. Comprende as pedanías de Bormate e Campoalbillo.
Historia [editar]
Foron famosas as súas salinas, explotadas desde a época romana e que funcionaron ata a década de 1990. Da época romana consérvase unha cisterna do século III aC.
Tamén no ano 2008 foi achada unha cabeza romana no medio do campo, mentres un agricultor pasaba o seu arado atopouse con ela. En cumprimento da Lei de Patrimonio esta foi entregada ao Museo Arqueolóxico de Albacete onde foi limpada e estase procedendo ao seu estudo para determinar a súa antigüidade, aínda que se estima que foi tallada fai uns 17 séculos aproximadamente.
Personaxes ilustres [editar]
- Andrés Iniesta (n. 1984): xogador do FC Barcelona e da Selección de fútbol de España que marcou o gol que deu a España a Copa Mundial de Fútbol de 2010.[1]