Fucking

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panel indicando o lugar.

Fucking é unha aldea con arredor de 150 habitantes, pertencente ao municipio de Tarsdorf, na rexión de Innviertel, estado de Alta Austria. Limita con Baviera e está preto da cidade de Salzburgo. Seica o lugar foi coñecido como Fucking dende cando menos o ano 1070. O seu nome provén dun personaxe do século VI chamado Focko; a terminación ing é un antigo sufixo xermano que significa "xente", de tal forma que o topónimo Fucking, neste caso, significa "lugar da xente de Focko".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fucking

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]