Fuad Abdurahmanov
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fuad Abdurahmanov (en azerí: Fuad Həsən oğlu Əbdürəhmanov), nado en Nukha (daquela Imperio Ruso) o 11 de maio de 1915 e finado en Bakú (daquela (RSS de Acerbaixán) o 15 de xuño de 1971), foi un escultor e pintor azeri da era soviética.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fuad Abdurahmanov naceu na familia de Hasan Jafar oglu Abdurahmanov, un funcionario civil local durante a era tsarista. Estudante do Escola do Estado de Belas Artes de Acerbaixán de 1929 a 1932. Estudou con Ilya Repin e M. G. Manizer en Leningrado de 1935 a 1939 (pintura, escultura e arquitectura). Comezou a expoñer en 1934. De 1942 a 1948, foi profesor na Escola de Artes de Acerbaixán.
As súas obras foron expostas na India, Xapón, Bulgaria e Iugoslavia.
Traballos [editar]
- Monumento a Nezami Ganjavi (bronce) en Ganja, 1946.
- Monumento a Nezami Ganjavi en Bakú, 1949.
- Estatua de "Ruído" (bronce) na Galería Tretyakov en Moscova, 1950.
- Monumento busto de Khorloogiin Choibalsan (mármore) en Sühbaatar, 1954.
- Busto de Lenin (mármore) no Museo de Acerbaixán en Bakú, 1955.
- Monumento a Lenin en Omsk, 1957.
- Monumento a Lenin en Alma-Atá, 1957.
- Estatua da Liberación en Bakú, 1960.
- Monumento ao escritor Samad Vurgun en Bakú, 1961.
- Monumento ao poeta Rudaki en Dushanbe, 1964.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- John Milner, A Dictionary of Russian and Soviet Artists, 1420 - 1970. Woodbridge, Suffolk; Antique Collectors' Club, 1993.
- Enciclopedia Sovetskaya Bolshaya (Большая Советская Энциклопедия) — 3 ª edición -издание. - T. 1.
- Enciclopédia Soviética da Ucrânia (en ruso: Украинская советская энциклопедия). — 2 ª edición. видання- T. 1. - K., 1977. - S. 9.
- Najafov M., Abdurakhmanov Fouad (en ruso: Наджафов М., Фуад Абдурахманов.) — Moscova, 1955.
- Novruzova D., Abdurakhmanov Fouad (en ruso: Новрузова Д., Фуад Абдурахманов.) — Bakú, 2004.