Froxás das Viñas, Proente, A Merca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Froxás das Viñas
ParroquiaProente
ConcelloA Merca
Coordenadas42°12′39″N 7°51′55″O / 42.21083333, -7.86527778Coordenadas: 42°12′39″N 7°51′55″O / 42.21083333, -7.86527778
Poboación117 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Froxás das Viñas é un lugar da parroquia de Proente no concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. Tiña 117 habitantes no ano 2013 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 60 eran homes e 57 mulleres. É lindeira xa co concello de Allariz.

O núcleo divídese en sete barrios: Aviñoá, Piñeiro, Souto, Soutelo, Cima de Vila e A Portela[3].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Ten unha igrexa de pedra con planta de cruz latina e triplo campanario, co camposanto ao redor. As festas son en outubro, na honra da Virxe do Rosario. Tamén o entroido goza de ampla tradición.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Merca[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Proente no concello da Merca (Ourense)

Aviñoá | Cantón | Cima de Vila | Fontefría | Froxás das Viñas | Loureiro | Moreiras | Piñeiro | Proente | Rubillós | Soutelo | Souto

Parroquias da Merca[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Merca

Corvillón (Santa María) | Entrambosríos (Santa Mariña) | Faramontaos (San Xes) | A Manchica (Nosa Señora de Lourdes) | A Merca (Santa María) | A Mezquita (San Pedro) | Olás de Vilariño (Santa María) | Parderrubias (Santa Olaia) | Pereira de Montes (Santa María) | Proente (Santo André) | San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) | Zarracós (Santo André)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 05.marzo.2014. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – A Merca – Proente" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 05.marzo.2014. 
  3. A poboación que aparece no IGE é a suma da de todos estes lugares.