Fronte de Salvación Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fronte de Salvación Nacional (romanés: Frontul Salvării Naţionale, FSN) foi o nome do grupo gobernante de Romanía nas primeiras semanas despois do golpe de estado contra o réxime socialista de Nicolae Ceausescu, que puxo fin á Revolución Romanesa de 1989. Posteriormente, o FSN converteuse en partido político, e é o antecesor de dous dos tres grandes partidos políticos romaneses da actualidade: o Partido Socialdemócrata (PSD) e o Partido Demócrata (PD).

Historia[editar | editar a fonte]

Creación[editar | editar a fonte]

En marzo de 1989, seis importantes membros do Partido Comunista Romanés (PCR) escribiron unha carta aberta ao ditador Nicolae Ceausescu onde expuñan o seu desacordo con certos abusos de poder e a política económica da República Socialista de Romanía. A chamada Carta do Seis circulou en medios de países capitalistas e foi lida en Radio Free Europe, onde foi descrita como o manifesto dunha organización clandestina chamada Fronte de Salvación Nacional.

O 21 de decembro dese mesmo ano, entre 80 e 100 mil acodes reuníronse nas inmediacións da sede do Comité Central do PCR, acudindo a un chamado do propio Ceausescu. Ante a oposición manifestada polos asistentes á praza, Nicolae Ceaucescu abandoou o lugar -aconsellado polos seus colaboradores militares- e logo foi capturado, xulgado e executado o 25 de decembro panda a súa dona Elena.