Frontón
En arquitectura, un frontón é unha superficie triangular formada polos beirís inclinados e a liña horizontal da cornixa nos edificios clásicos. O punto de unión das liñas inclinadas denomínase ápice. Non sempre son estruturais, pois con frecuencia poden ser elementos decorativos, mesmo a grande escala. A pequena escala coroan vans e ocos.
No desenvolvemento da arquitectura, os frontóns sufriron variedades respecto do frontón clásico. Apareceron así o frontón curvo, no que as liñas rectas formadas polos beirís son substituídas por unha semicircunferencia; ou o frontón roto ou partido, caracterizado pola interrupción das liñas inclinadas.
A superficie interna, delimitada polos elementos constituíntes, pode converterse nunha superficie decorada (escultura, pintura etc) denominada tamén frontón ou tímpano, podendo entón falarse dun frontón historiado.
Na arquitectura popular galega o espazo triangular delimitado polos beirís inclinados é denominado outón.
Trazado teórico[editar]
O trazado teórico do frontón clásico remite a unha relación ideal de proporcionalidade entre a súa altura e o ancho maior. Esa relación é 5/24 (máis ou menos 1/5). O frontón denomínase «rebaixado» cando esa relación é inferior ou igual a 4/24 (sobre 1/6); e denomínase «realzado» cando tal relación é superior ou igual a 6/24 (aproximadamente 1/4).
|
|||||||||||
Galería de imaxes[editar]
-
"Frontón roto" en Villa Capra "La Rotonda"