Fritzing
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Placa de probas de Fritzing |
|
| Desenvolvedor: | Interaction Design Lab Potsdam |
| Última versión: | 0.7.7b (14 de agosto de 2012) |
| Sistema operativo: | Microsoft Windows Linux Mac OS X |
| Xénero: | ECAD |
| Licenza: | GNU GPL v3 |
| En galego: | Non |
| Sitio web: | fritzing.org |
Fritzing é un contorno de software libre de deseño e prototipado (ECAD) que apoia a deseñadores e artistas para documentar os seus prototipos interactivos e dar o paso á creación de prototipos físicos e produtos reais. Está desenvolvido pola University of Applied Sciences of Potsdam.
Índice |
Proxecto [editar]
Fritzing foi creado ca mesma idea que Processing e Arduino. Permite a deseñadores, artistas, investigadores e afeccionados documentar os seus proxectos e prototipos basados en Arduino e crear esquemas de circuítos impresos (PCB) para a súa posterior fabricación. Ademais ten páxina web na que compartir e discutir proxectos e experiencias.