Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para a rexión histórica homónima, véxase Frisia.
Frisia (en neerlandés, Friesland e en frisón e oficialmente, Fryslân) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal presidida por un comisario designado polo goberno. As linguas oficiais son o neerlandés e o frisón. Con todo, algúns frisóns falan dialectos do baixo saxón. A capital é Leeuwarden (en frisón, Ljouwert). Limita coas provincias de Groninga, Drenthe e Flevoland e co mar de Frisia. Forman parte desta provincia as illas de Vlieland, Terschelling, Ameland e Schiermonnikoog, que limitan así mesmo co mar do Norte.