Friedrich Weber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Friedrich Weber, nado en 1781 en Kiel, Alemaña,[1] e finado o 21 de marzo de 1823 na mesma cidade, foi un entomólogo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alumno precoz de Johan Christian Fabricius (1745-1808), publicou, aos catorce anos, o seu Nomenclator entomologicus e, en 1801, as súas Observationes entomologicae.

Nestas dúas obras aparecen as primeiras descricións de numerosas especies de insectos, pero tamén doutros invertebrados.[2]

A súa obra máis famosa, publicada en 1795, é o Nomenclator entomologicus secundum entomologian systematicam ill. Fabricii, adjectis speciebus recens detectis et varietatibus. Chiloni et Hamburgi: C. E. Bohn. viii 171 pp. Ver en liña.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Algunhas fontes dan a data de 1752.
  2. Cómpre dicir que, na época de F. Weber, un "entomólogo" non se dedicaba exclusivamete ao estudo dos insectos propiamente ditos, senón que abarcaba o de todos os artrópodos (crustáceos, arácnidos, etc.).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • S. L. Tuxen (1967): "The entomologist J. C. Fabricius", Annual Review Entomology, 12: 1-14.