Friedrich Reinhold Kreutzwald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Friedrich Reinhold Kreutzwald lende o Kalevipoeg, pintado por Johann Köler

Friedrich Reinhold Kreutzwald (Jömper/Jõepere preto de Sankt Katharinen/Kadrina, Condado de Lääne-Viru, 26 de decembro de 1803 - Tartu, 25 de agosto de 1882) escritor e médico estoniano autor do poema épico Kalevipoeg (O fillo de Kalev), primeiro libro en lingua estoniana.

De orixes humildes, licenciouse en medicina na Universidade de Tartu en 1833, e practicou a profesión de médico en Võru, no sur de Estonia, entre 1833 e 1877.

Paralelamente, foi autor de diversas obras literarias, principalmente de contos populares e poemas. Foi membro da Sociedade Estoniana de Intelectuais fundada en 1838. Esta sociedade, que operaba dende a Universidade de Tartu foi unha grande promotora e defensora da cultura vernácula de Estonia.