Friedrich Herlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os peregrinos de Compostela, no retablo de Rothenburg ob der Tauber

Friedrich Herlin (nado ca. 1430 en Nördlingen, morto ca. 1500) foi un pintor alemán do final da Idade Media, as veces é citado como Fritz Herlin.

Obra[editar | editar a fonte]

Herlin exerceu a súa actividade especialmente en Rothenburg ob der Tauber, onde se pode admirar a súa obra mestra, o "retablo dos doce apóstolos", erguido sobre do altar maior da igrexa de St. Jakob (Santiago) (1466). Da súa autoría é tamén un retablo sobre a vida de Cristo e a Adoración dos Magos en Bopfingen (1472) e mais un tríptico no que se representa a Virxe Nai co Neno, san Lucas e santa Margarida, en Nördlingen (1488). Todas estas obras levan a súa sinatura.

Caracteres pictóricos[editar | editar a fonte]

Herlin móstrasenos na actualidade como o sucesor de Rogier van der Weyden, mais o seu estilo non chega a un modo de expresión totalmente persoal. Non temos certeza algunha de que Herlin traballase nos Países Baixos, mais probabelmente seguíu unha aprendizado semellante aos de Martin Schöngauer e Hans Holbein o Vello, que se formaron na escola de Der Weyden. O retabuo de Rothenburg mostra grupos e figuras, movementos e roupaxes que semellan copiados dos de Van der Weyden ou de discípulos de Hans Memling. A Virxe de 1488 presenta características que son inexplicábeis sen contactos con pintores contemporáneos da Suabia.

Herlin carece do xenio de Schöngauer, non ten a delicadeza dos discípulos de Quentin Metsys, mais sen dúbida contribuíu ao desenvolvemento da arte en Suabia.

Galería[editar | editar a fonte]