Frente Popular de las Islas Canarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frente Popular de las Islas Canarias
Logo
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo canario
Data de fundación1986
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

O Frente Popular de las Islas Canarias (FREPIC-AWAÑAK) é un partido independentista canario de esquerdas. Fundouse en 1986 pola confluencia de pequenos partidos como a Organización para los Comunistas Canarios e o Partido Revolucionario Africano de las Islas Canarias. Desde 1998 o FREPIC apenas realiza actividades públicas pero en xuño 2005 apareceu un anuncio na prensa canaria pagado polo FREPIC-AWAÑAC no que avogaban por un Sáhara marroquí polo que foi acusada por outros sectores independentista canarios de estar financiada polo goberno marroquí.