Frente Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Frente Nacional foi un partido político español de extrema dereita, fundado por Blas Piñar como sucesor de Fuerza Nueva en 1986 co apoio doutros grupos da extrema dereita europea en especial a Fronte Nacional francesa e o Movemento Social Italiano co obxectivo de aumentar a súa influencia no Parlamento Europeo pero nas eleccións de 1987 non conseguiu chegar ó mínimo para obter escano. Cada vez máis contestada a dirección de Blas Piñar un número significativo de militantes marcharon a outras forzas da extrema dereita e os seus socios europeos acabaron por retirarlle o apoio económico polos malos resultados electorias. En 1993 o partido foi disolto.

Eleccións[editar | editar a fonte]

  • Parlamento europeo 1987: 122.799 votos 0,64%
  • Parlamento Europeo 1989: 60.675 votos 0,39%