Frenoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha ilustración do século XIX típica sobre frenología. Ná década de 1820, os frenólogos afirmaban que podían medir as "protuberancias" da tampa dos miolos dos individuos para predecir os trazos da súa personalidade.[1] Desacreditada fortemente na década de 1840, foi a primeira disciplina en ser chamada de pseudociencia.

A frenoloxía (do grego: φρήν, fren, "mente"; e λόγος, logos, "coñecemento") é unha antiga teoría que afirmaba a posible determinación do carácter e os trazos da personalidade, así como as tendencias criminais, baseándose na forma do cranio, cabeza e faccións. Desenvolvida arredor do 1800 polo neuroanatomista alemán Franz Joseph Gall[2] e extremadamente popular durante o século XIX; hoxe en día é considerada unha pseudociencia. Non obstante, mereceu certo mérito como protociencia pola súa contribución á ciencia médica coa súa idea de que o cerebro é o órgano da mente, e que certas áreas albergan funcións especificamente localizadas.

A frenoloxía foi popularizada na Inglaterra vitoriana polo avogado escocés George Combe o cal chegou a fundar a sociedade frenolóxica de Edimburgo. Combe reuniu os postulados do doutor Gall na obra A System of Phrenology (1830). Dita obra contiña ideas polémicas da frenoloxía que reafirmaban o racismo imperante da época. Como se pode ler nalgunhas pasaxes [1] [2]:

Sobre a localización do desexo sexual no cerebro: "O doutor Gall descubriu a función deste órgano tal como segue: Era o médico dunha viúva de carácter irreprochable a cal estaba afectada por uns problemas nerviosos que a conducían a un estado severo de ninfomanía. Na violencia dos seus ataques, o doutor suxeitou a súa cabeza e sorprendeuse polo longo tamaño do pescozo e a calor que desprendía. Mediante posteriores observacións investigou a idea que lle suxeriu este suceso e chegou á súa conclusión final."

Sobre a inferioridade da raza amerindia: “O aspecto dos nativos americanos é aínda máis deplorable. Envolvidos durante séculos polo coñecemento, emprendemento, enerxía e a incitación á mellora polas institucións europeas, permanecen, no tempo presente, tan miserables, nómades, sen fogar e sen lei como o eran os seus devanceiros cando Colón puxo pé no seu chan.

A pesar do interese de Combe e outros estudosos da frenoloxía en agrandar o seu prestixio como suposta ciencia esta nunca chegou a ter consideración nas contornas universitarias (xeralmente compostos de persoas de clase alta) sendo obxecto de interese entre cidadáns de clase máis modesta.

Os seus principios establecían que o cerebro é o órgano da mente, e que este posúe un conxunto de facultades mentais; cada unha representada particularmente por unha parte diferente ou "órgano" do cerebro. Estas áreas eran consideradas proporcionais ás propensións individuais da persoa e das súas facultades mentais. As diferenzas entre as distintas áreas estaría reflectida na forma exterior do cranio.

A frenoloxía, que se ocupa da personalidade e o carácter, difire da craneometría (o estudo do peso, tamaño e forma do cranio), así como da fisiognomía (estudo dos trazos faciais). Todas estas disciplinas aseguran predicir condutas ou capacidades intelectuais, e nun tempo foron practicadas intensamente no campo da antropoloxía/etnografía e ás veces utilizadas para xustificar "cientificamente" o sexismo, mais a premisa básica de que a personalidade está determinada pola forma do cranio é considerada falsa por case todo o mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bowler, Peter J. (2003). Evolution: The History of an Idea (3ª ed.). University of California Press. p. 128. ISBN 0-520-23693-9. 
  2. Gall, Franz Joseph (1806). Imprenta de Villalpando, ed. Exposicion de la doctrina del doctor Gall, ó nueva teoría del cerebro, considerado como residencia de las facultades intelectuales y morales del alma. http://books.google.cl/books?id=TOoQY_EzWfEC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]