Freixido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa parroquial, na aldea da Caseta
Freixido
Diocese: Astorga
Arciprestado: A Rúa de Valdeorras
Área: - km²
Poboación: 140 hab. (2014)
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 4

O Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia eclesiástica galega que se localiza no arciprestado da Rúa de Valdeorras na diocese de Astorga, e que ten os seus terreos e as súas vivendas repartidas entre dous concellos, o de Petín e o de Larouco. Segundo o padrón municipal (datos do INE) en 2014 a parroquia tiña 140 habitantes (61 homes e 79 mulleres), 34 menos ca en 1999.

A Larouco pertencen os lugares da Caseta e Freixido, mentres que son de Petín as poboacións de Casasola e Freixido de Abaixo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]