Felipe de la Gándara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Frei Felipe de la Gándara»)
Infotaula de personaFelipe de la Gándara
Biografía
Nacemento1596 Editar o valor em Wikidata
Allariz (España) Editar o valor em Wikidata
Morte18 de outubro de 1676 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Madrid (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , historiador , xenealoxista Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de Santo Agostiño Editar o valor em Wikidata


Felipe de la Gándara y Ulloa, tamén coñecido como Felipe da Gándara,[1] nado en Allariz en 1596 e finado en Madrid o 18 de outubro de 1676, foi un humanista galego do século XVII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesou como membro da Orde de Santo Agostiño en Salamanca en 1615, e foi elixido mestre da orde en 1656. A Xunta do Reino de Galiza nomeouno cronista do reino de Galiza. Escribiu diversas obras entre as que destaca Armas y Triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662), unha destacada obra xenealóxica en forma de alegación en defensa dos nobres galegos e da súa orixe.

Obra[editar | editar a fonte]

Armas i triunfos. Hechos heroicos, de los hijos de Galicia, 1662
  • Armas i triunfos. Hechos heroicos, de los hijos de Galicia. Elogios de su nobleza, i de la maior de España, i Europa. Resumen de los servicios que este Reino á echo á la Magestad del Rei Felipe IV nuestro Señor (1662). Madrid; editado por Pablo de Val. 682 páxinas e 1 lámina (escudo de Alonso de Oca). En 1677, reeditouse, aínda que con 664 páxinas. En 1970 editouse un facsímile dentro da colección Bibliófilos Gallegos, cunha introdución de José Filgueira Valverde.
  • Descripción, armas, origen y descendencia de la muy noble, y antigua Casa de Calderón de la Barca, y sus sucessiones continuadas, que escrivió el Rmo. P. M. Fr. Phelipe de la Gándara... (1753). Madrid; editado por Juan de Zúñiga. 302 páxinas. Obra póstuma.
  • El Cisne occidental canta las palmas y trivnfos eclesiasticos de Galicia. Ganados por svs hijos insignes, santos, y varones ilustres, y ilustrissimos martires, pontifices, virgenes, confessores, doctores, y escritores, que los han merecido en la iglesia militante, para reinar con Dios en la triunfante. Obra postvma, Madrid: Julián de Paredes, 1678, 2 vols. Reeditada na Coruña, Orbigo, imp. 2007.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Predecesor:
-
 Cronista de Galicia 
1654 - ?
Sucesor:
Juan Pacheco Troncoso