Fregona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fregona e cubo con escorredoiro

A fregona é unha ferramenta para limpar o chan. Foi inventada nos Estados Unidos e posteriormente perfeccionada por Emilio Bellvis ou por Manuel Jalón até adquirir o aspecto co que se coñece a día de hoxe. Adoita ir acompañada dun cubo onde se humedece e ter un longo pau e mais unha cabeza feita de grosos e suaves fíos de tea absorbente. Para limpar o chan, logo de humedecelo, refrégase o utensilio contra a superficie. Algúns cubos inclúen un escorredoiro, para quitar o exceso de auga da fregona, co fin de non saturar o chan. Utilízase frecuentemente tamén para limpar líquidos derramados.