FreeDOS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  
FreeDOS Beta 9 pre-release5 (command line interface) on Bochs sshot20040912.png
Desenvolvedor
Familia de S.O.
Lanzamento
En galego
Espazo de usuario
Interface de usuario
Modelo de desenvolvemento
Núcleo
Tipo de núcleo
Licenza
Última versión estable ()
Estado actual
Precedido por
Sucedido por
Sitio web

FreeDOS (anteriormente coñecido como Free-DOS e PD-DOS) é un sistema operativo para ordenadores compatibles IBM que se desenvolveu como unha alternativa libre a MS-DOS tras o anuncio de Microsoft de poñer fin ao seu soporte como un produto separado en 1994 e deixalo tan só como parte do seu sistema Windows. Distribúese baixo licenza GPL e inclúe algunhas características que non estaban presentes no MS-DOS como controlador Ultra-DMA, soporte para discos grandes (LBA) e o sistema de arquivos FAT32, o controlador DOSLFN para usar os nomes de arquivo longos de VFAT ou o soporte do hardware actual como pode ser o USB. A primeira versión alpha (0.05) lanzouse o 12 de xaneiro de 1998 e estivo dispoñible en diversas versións beta ata que o 3 de setembro de 2006 saíu a primeira versión estable (1.0) e en xaneiro de 2012 apareceu a versión 1.1[1]. Componse de moitos programas diferentes e separados que actúan como paquetes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: FreeDOS Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]