Frederick Forsyth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frederick Forsyth.

Frederick Forsyth, nado en Ashford en 1938, é un escritor británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Tonbridge School e na Universidade de Granada. En 1956 converteuse no piloto máis novo que nunca tivera a Royal Air Force. Logo de deixar a carreira militar en 1958 traballou como xornalista para pequenos xornais ata que en 1961 entrou en Reuters, foi correspondente en Francia, Bélxica, España, Alemaña Oriental, Alemaña Occidental e Checoslovaquia. En 1965 comeza a traballar para a BBC. Entre xullo e setembro de 1967 cubriu a Guerra de Biafra entre Biafra e Nixeria.

En 1968 deixou a BBC debido ás acusacións que as súas crónicas durante a Guerra de Biafra tomaran partido pola causa de Biafra e de falsificar informacións, e volveu a Biafra para cubrir a guerra pola súa conta.

En 1969 escribiu un libro sobre a Guerra de Biafra, The Biafra Story. Forsyth decidiu escribir unha novela coas mesmas técnicas de investigación que utilizaba no xornalismo, The Day of the Jackal, que se publicou en 1970 e que se converteu nun éxito de vendas internacional. Ao igual que o resto das novelas que publicou nos anos seguintes.

Obras[editar | editar a fonte]