Freddie Bartholomew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Freddie Bartholomew (Frederick Llewellyn March) (28 de marzo de 192423 de xaneiro de 1992) foi un actor británico, popular como actor infantil en filmes que se fixeron nos anos 30 en Hollywood.

Naceu en Dublín, abandonado polos seus país ao pouco de nacer, educouno un seu tío de Londres, de quen colleu o nome.
Comezou actuando en pequenos papeis en obras de teatro e filmes británicos como Lily Christine (1932), mentres facía unha viaxe polos Estados Unidos viuno o produtor David O. Selznick e contratouno para o filme David Copperfield (1935), que se converteu nun éxito e fíxoo popular, Bartholomew seguiu actuando en numerosos filmes de grande éxito con algunhas das estrelas máis populares da época.

Filmes como Anna Karenina (1935) con Greta Garbo e Fredric March, Professional Soldier (1935) con Gloria Stuart, Little Lord Fauntleroy (1936) con Dolores Costello, Lloyds of London (1937) con Madeleine Carroll e Tyrone Power e Captains Courageous (1937) con Spencer Tracy.
Por mor do éxito e da fama, os seus pais tentan recuperar a custodia legal sobre el, e o proceso legal que seguiu Bartholomew para impedilo levoulle gran parte da fortuna que fixera, continuou actuando ata 1944 pero con moito menos éxito. Entre 1944 e 1947 serviu como soldado, logo de deixar Hollywood cara Nova York estableceuse como executivo nunha compañía de publicidade e morreu en Sarasota, Florida.