Fred Toye
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frederick E.O. Toye (nacido o 26 de setembro de 1967 nos Ánxeles, California e popularmente coñecido coma Fred Toye) é un director de series televisión estadounidense. Ten dirixido varios episodios de series de J. J. Abrams, como Alias ou Lost e é produtor e director principal de Fringe. Tamén ten dirixido outras series como Ghost Whisperer, Brothers & Sisters, The 4400 e Moonlight.