Freaky Fortune

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Freaky Fortune
Nome completo Nick Raptakis e Theofilos Pouzbouris
AliasFreaky Fortune
Nado enAtenas, Grecia
OcupaciónCantor e produtor
XéneroDance, electrónica e rap
Instrumento(s)Voz
Tempo en activoDende 2011- presente
Na rede
http://panikrecords.gr
IMDB: nm5670144 Musicbrainz: 3598fcc4-b0ae-45a3-8940-ba49067db5a0 Discogs: 3477294 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Freaky Fortune é un dúo musical grego asociado coa música dance, electrónica e o rap. Foi fundado no ano 2011.

Os seus membros son o vocalista Nicolás Nick Raptakis (en grego Νικόλας Ραπτάκης, nado en Atenas o 30 de abril de 1990) e o produtor musical Theofilos Pouzbouris (en grego Θεόφιλος Πουζμπούρης, nado en Atenas o 9 de febreiro 1991).

Descubrimento[editar | editar a fonte]

Foron descubertos na internet, tras participar cun cover na competición de covers Can You Sing?[1], de Perez Hilton. Interpretaron un cover da canción Part of Me de Katy Perry, co cal foron eloxiados posteriormente.

Despois da súa vitoria, lanzaron tres sinxelos: Our Destiny[2]Stronger[3] e All I need[4], cos que tiveron un grande éxito nas radios do seu país.

En 2014 convertéronse nos representantes de Grecia para o Festival de Eurovisión 2014 nunha colaboración co rapeiro Riskykidd coa canción Rise up[5].

Eurovisión 2014[editar | editar a fonte]

Freaky Fortune participaron na preselección grega para o Festival de Eurovisión de 2014 chamada Eurosong 2014 – a MAD show (organizado por unha cadea privada) na que foron seleccionados coa canción Rise Up para representar a Grecia en Copenhaguen, sede do festival.

A canción, que é unha mestura de dance e rap conseguindo así un aire moi festivo, colocouse entre as primeiras nas casas de apostas ata o final do festival[6]. Participaron na 2ª semifinal de Eurovisión 2014 na cal quedaron 7º cun total de 74 puntos clasificándose así para a Gran Final do 10 de maio na cal actuaron na posición número 10 e quedando finalmente na 20º posición cun total de 35 puntos, non cumprindo así as expectativas que anunciaban as casas de apostas.

Notas[editar | editar a fonte]

Actuación de Freaky Fortune xunto con Riskykidd en Eurovisión 2014