Joseph von Fraunhofer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fraunhofer»)
Infotaula de personaJoseph von Fraunhofer

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Joseph Fraunhofer Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1787 Editar o valor em Wikidata
Straubing (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xuño de 1826 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Múnic (Confederación Xermánica) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaAlter Südfriedhof (pt) Traducir 48°07′37″N 11°33′50″L / 48.126972, 11.563917 Editar o valor em Wikidata
Catedrático Academia de Ciências da Baviera (pt) Traducir
1824 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Baviera
Sacro Imperio Romano Xermánico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , astrónomo , químico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic
Q18563009 Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Fraunhofer-1 Find a Grave: 6049 Editar o valor em Wikidata


Joseph von Fraunhofer, nado en Straubing o 6 de marzo de 1787 e finado en Múnic o 7 de xuño de 1826, foi un astrónomo, óptico e físico alemán. O cráter Fraunhofer da Lúa foi chamado así na súa honra.

Como científico, enxeñeiro e emprendedor acadou logros como o descubrimento das "liñas de Fraunhofer" no espectro óptico da luz do sol, inventou un novo método de manufactura de lentes e iniciou un negocio de produción de vidro para microscopios e telescopios. Debido ao seu carácter multifacético o instituto tecnolóxico Fraunhofer-Gesellschaft leva o seu apelido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao quedar orfo aos once anos, empezou a traballar como aprendiz no obradoiro dun cristaleiro chamado Philipp Anton Weichelsberger.

En 1801 a empresa na que traballaba derrubouse, e Fraunhofer quedou sepultado baixo os cascallos. Dirixiu a operación de salvamento o propio príncipe elector de Baviera, Maximiliano IV Xosé (futuro Maximiliano I de Baviera. A partir dese intre, o príncipe entrou na vida de Fraunhofer, axúdandolle a obter os libros que necesitaba e forzando a quen lle daba traballo a que permitisen o seu estudo.

Tras oito meses de estudos, Fraunhofer comezou a traballar no Instituto de Óptica da abadía de Benediktbeuern, un mosteiro bieito desamortizado adicado á fabricación de cristal. Aquí descubriu o xeito de crear os mellores cristais ópticos, á vez que inventou un método extraordinariamente preciso para medir a dispersión. En 1818 pasou a dirixir o Instituto. Grazas aos extraordinarios instrumentos ópticos que desenvolvera, Baviera substituíu a Inglaterra como referencia na industria óptica.

En 1814 Fraunhofer foi o primeiro que investigou con seriedade sobre as liñas de absorción no espectro do Sol, que serían explicadas de modo exhaustivo por Kirchhoff e Bunsen en 1859, coa invención do espectroscopio. Esas liñas séguense chamando nos nosos días liñas de Fraunhofer en honor seu.

As liñas de Fraunhofer.

Tamén inventou a retícula de difracción transformando así a espectroscopia de arte a ciencia, demostrando o xeito exacto de medir a lonxitude de onda da luz. Foi o primeiro en decatarse de que os espectros de Sirio e doutras estrelas brillantes eran distintos entre si e do Sol, comezando dese xeito a espectroscopia estelar.

A súa ilustre carreira permitiulle obter un doutoramento honoris causa na Universidade de Erlangen en 1822. En 1824 foi distinguido coa orde do Mérito, foi declarado nobre e concedéuselle a cidadanía honoraria de Múnic. Do mesmo xeito que outros moitos fabricantes de cristal na súa época, envelenado polos vapores dos metais pesados Fraunhofer morreu novo, en 1826, aos 39 anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]