François Boucher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
François Boucher
Nacemento29 de setembro de 1703
Lugar de nacementoParís
Falecemento30 de maio de 1770
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Ocupaciónpintor, gravador, tapestry designer, ilustrador, augafortista, debuxante e exlibrist
CónxuxeMarie-Jeanne Boucher
FillosMarie-Émilie Boucher, Jeanne Elizabeth Victoire Deshays e François, le jeune Boucher
Coñecido porBlond Odalisque, Portraits of Madame de Pompadour, La Naissance de Vénus e Madame Bergeret
Premiossen etiquetar
Na rede
Musicbrainz: 7bb9f2bc-805d-4d41-8d42-7d4c454b6c15 Discogs: 2234455 WikiTree: Boucher-5934 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

François Boucher, nado en París o 29 de setembro de 1703 e finado o 30 de maio de 1770, foi un pintor francés, seguidor do estilo rococó, famoso polas súas pinturas idílicas e voluptuosas de temas mitolóxicos, alegorías pastorís e diversos retratos de Madame de Pompadour.

Traxectoría[editar | editar a fonte]

Naceu en París en 1703, fillo de Nicolás Boucher. Foi talvez o decorador con máis sona do século XVIII, co seu estilo enmarcado basicamente pola arte rococó. Aos 17 anos era aprendiz do pintor François Lemoyne, con quen só estivo tres meses, comezando logo a traballar con Jean-François Cars.

Tres anos despois, Boucher gañou o prestixioso Prix de Rome, mais tivo que esperar outros catro anos para poder realizar os seus estudos en Italia.

Despois da súa volta de Italia, en 1731, foi admitido na Real Academia da Pintura e Escultura. Chegaría a ser reitor desa academia e máis director da real fábrica de tapices dos Gobelinos. En 1765 foi nomeado primeiro pintor do rei.

Francois Boucher faleceu o 30 de maio de 1770 en París.

Caracteres da súa obra[editar | editar a fonte]

Marie-Louise O'Murphy, xove amante de Lois XV, 1752, Alte Pinakothek, Múnic.

A súa obra está inspirada en artistas como Watteau e Peter Paul Rubens. As súas primeiras obras celebran a tranquilidade da natureza e a evasión que outorga o campo.

Mais o seu traballo esquece a inocencia tradicionalmente atribuída ao campesiño, impregnando as escenas con suxestións de erotismo, e as súas escenas mitolóxicas son apaixonadas e amorosas, en lugar das típicas composicións épicas que predominaban.

A marquesa de Pompadour, que era sinónimo da arte rococó, era unha grande admiradora da obra de Boucher, e é nos retratos desta onde o pintor mostra con maior claridade o seu estilo.

En cadros como "O almorzo", de 1739, mostra unha escena familiar con grande mestría, usando os membros da súa propia familia como modelos.

Este estilo intimista contrasta coas imaxes explícitas que pinta nos retratos das odaliscas, como se pode ollar na Odalisca morena (ca. 1740). O rostro da muller é o da súa propia esposa (Diderot dixo que Boucher estaba "prostituíndo á súa dona",[1] e, segundo lendas, o traseiro era o de Madame de Pompadour).

Ademais dos cadros, Boucher deseñou vestimenta para teatros e tapices. Participou na decoración dos palacios de Versalles, Fontainebleu e Choisy.

Obras (selección)[editar | editar a fonte]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Denis Diderot (1984), pp. 119-120.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Denis Diderot (1984): Essai sur la peinture, Salons de 1759, 1761, 1763. París: Hermann.‎
  • Étienne Jean Delécluze (1985): Louis David, son école et son temps. París: Didier.
  • VV. AA. (2003): François Boucher: Hier et Aujourd'hui. París: Réunion des Musées Nationaux - RMN ISBN 978-2-7118-4587-3.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]