Franz Weidenreich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Franz Weidenreich (1873 - 1948) foi un antropólogo alemán.

Nado en Edenkoben (Bavaria), estudou medicina e bioloxía en Múnic, Kiel, Berlín e Estrasburgo, cidade esta última onde se graduou en 1899. En 1904 convértese en profesor de anatomía na Universidade de Frankfurt. No ano 1935 viaxou a China como profesor visitante en Pequín, onde con Teilhard de Chardin estudou os fósiles do coñecido como Home de Pequín (Sinanthropus pekinensis primeiro, logo clasificado como Homo erectus pekinensis.

En 1937 visitou Sangiran, onde Koenigswald descubrira o home de Xava e xuntos publicaron varios traballos sobre o descubrimento.