Franz Karl Achard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franz Karl Achard

Franz Karl Achard, nado en 1753 en Berlín e finado en 1821 en Wohlau foi un químico prusiano. Estableceu a primeira fábrica de azucre a partir da remolacha.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou física e química en Berlín, discípulo de Andreas Sigismund Marggraf, foi favorito do rei Federico II de Prusia, ao que informaba das súas investigacións dúas veces por semana.

En 1776 foi elixido membro da Real Academia de Ciencias de Berlín.

Polos seus descubrimentos na aclimatación do tabaco en Alemaña, o rei concedeulle unha pensión vitalicia de 500 taler.

A partir do descubrimento, feito por Marggraf en 1747, de que a remolacha contiña azucre, deseñou un proceso para producir azucre da remolacha.

En 1801 co apoio do rei Federico Guillerme III de Prusia, abriu a primeira refinaría en Wohlau, Silesia, Prusia (hoxe en Polonia). Abriu outras en Bohemia e en 1811 en Francia.

Os comerciantes británicos de azucre ofrecéronlle 200.000 taler por declarar fallidos os seus experimentos, pero el rexeitou as súas proposicións. Co seu descubrimento o azucre deixou de ser un produto de luxo.

As súas refinarías quedaron en bancarrota en 1815 debido á incapacidade económica de Achard, e a diversos lumes causados por curtocircuítos.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Franz Karl Achard