Franz Gruber
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franz Xaver Gruber, nado o 25 de novembro de 1787 e finado o 7 de xuño de 1863, foi un profesor de escola primaria austríaco e organista de igrexa na aldea de Arnsdorf. Pasou á historia por ser o compositor da panxoliña "Noite de paz" ("Stille Nacht, heilige Nacht", en alemán).