Franklin Pierce Adams
Franklin Pierce Adams, nado en Chicago en 1881 e finado en Nova York en 1960, foi un xornalista e escritor norteamericano. Always in Good Humour e The Conning Tower foron os títulos das súas columnas diarias na prensa neoiorquina, asinadas como FPA.
[editar] Traxectoria
Comezou a traballar no Chicago Journal en 1903, pero xa en 1904 pasou ao New York Evening Mail , onde traballou ata 1913, cando pasou ao New York Tribune.
Durante a primeira guerra mundial traballou no xornal do exército norteamericano Stars and Stripes en Washington DC e en Francia como capitán do servizo de intelixencia, despois da guerra voltou a Nova York. En 1921 estivo no New York World, en 1931 no New York Herald Tribune , en 1937 no New York Post ata 1941.
En 1938 participa no programa de radio Information, Please