Frank Sturgis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Frank Sturgis, nado o 9 de decembro de 1924 e finado o 4 de decembro de 1993, foi un dos implicados no caso Watergate.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1942 uniuse ós Marines e con eles participou na Segunda Guerra Mundial, en 1956 uniuse ó exército de Fidel Castro en Cuba, tras a vitoria de Castro adestrou as forzas anticastristas e formou parte da Operación 40 da CIA. O 17 de xuño de 1971 foi arrestado xunto outras catro persoas mentres instalaba aparellos de espionaxe na oficina do Partido Demócrata no edificio Watergate de Washington, o que tras a invetigación de xornalistas do Washington Post implicando a Richard Nixon na espionaxe supuxo a dimisión do presidente norteamericano. Sturgis foi condenado por conspiración e espionaxe.