Frank Jensen
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frank Jensen, nado o 28 de maio do 1961, é un político danés, membro do Partido Socialdemócrata. Foi Ministro de Investigación dende o 27 de setembro do 1994 ata o 30 de decembro de 1996 no segundo gabinete de ministros de Poul Nyrup Rasmussen, e Ministro de Xustiza dende esa data ata o 27 de novembro do 2001, no terceiro e cuarto gabinete.
Despois da renuncia de Mogens Lykketoft ó frente dos Socialdemócratas, despois de perder as eleccións parlamentarias do 2005, Jensen e Helle Thorning-Schmidt foron os dous candidatos do partido para sucedelo. Os membros do partido celebraron eleccións primarias o 12 de abril do 2005, escollendo a Thorning-Schmidt cun 53% dos votos, fronte ó 47% de Jensen.
Notas[editar]
- CV no Parlamento de Dinamarca (en inglés)